Tadpole: motor de deseño asistido baseado en morfoxénese xenética aplicada sobre nubes de puntos


Software de deseño asistido que permite simplificar o proceso creativo nas súas fases iniciais, ao presentarlle ao deseñador ou á deseñadora exemplos ou solucións que lle poidan servir de inspiración para continuar o seu traballo.

Estado de protección da tecnoloxía

Asento no Rexistro da Propiedade Intelectual C-293-2015.

Que buscamos?

Búscanse empresas interesadas na licenza desta tecnoloxía.

Facultade de Informática

Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñería Civil (CITEEC)

CITIC

Descrición

Tadpole serve tanto para mellorar deseños xa existentes como para crear outros novos utilizando unha superficie semente como base do proceso. A idea orixinal fundaméntase nos que, dentro do campo da informática, se coñecen como sistemas bioinspirados, que emulan a forma de procesar a información dos sistemas biolóxicos.

Exemplo real da aplicación de azulexos de superficie irregular nun edificio de Tokío

Proceso de deseño relativo á creación de xanelas e renderización sobre unha superficie autoxerada seleccionada

Lotes de azulexos xerados mediante un proceso evolutivo

Valores engadidos

Tadpole é unha ferramenta de axuda, os usuarios non perden o control do proceso creativo. Tal interacción persoa-máquina ofrece, entre outras vantaxes, a posibilidade de deseñar atendendo a diversos criterios variables e a mellora da axilidade no proceso de deseño, ao estar automatizado.

Aplicacións por sector

O sistema está implementado integramente en Python e pode ser utilizado como subsistema de calquera sistema CAD que permita ports cara a esa linguaxe (Rhinoceros, Bender etc.). Tadpole pódese utilizar tanto sobre superficies como polisuperficies, abertas ou pechadas, indistintamente. Unha vez determinada a superficie semente, preséntaselles aos usuarios solucións alternativas mediante gradicelas de tamaño fixado, entre as cales, nun proceso iterativo, irán elixindo aquelas opcións que consideren mellores.


Construción e enxeñaría civil
Produción industrial
Sector naval
TIC

Grupo de investigación

    • Redes de Neuronas Artificiais e Sistemas Adaptativos-Informática Médica e Diagnóstico Radiolóxico
    • (RNASA-IMEDIR)
    • Grupo de Arquitectura de Computadoras
    • (GAC)
    • Grupo de Construción
    • (GCONS)

Responsable

  • Alejandro Celestino Pazos Sierra
  • Adrián Carballal Mato
  • Rafael Iván Pazos Pérez
  • Juan Ramón Rabuñal Dopico
  • Luis Omar Álvarez Mures
  • María Dolores García Vidaurrazaga

Contacta con nós

Última actualización

2019-07-16