CUBiBit: Binary Biclustering on CUDA-enabled GPUs


Software para a detección de biclústeres sobre datos binarios en unidades de procesamento gráfico (GPU).

Estado de protección da tecnoloxía

Rexistro de software.

Que buscamos?

Búscanse empresas e centros de investigación con interese nesta tecnoloxía.

Facultade de Informática. CITIC

Descrición

CUBiBit é unha ferramenta paralela de minaría de datos que permite encontrar biclústeres en conxuntos de datos binarios GPU. Recibe como entrada unha matriz bidimensional cos valores que debe estudar e devolve aqueles subconxuntos da matriz que están altamente ligados.

O biclustering de datos úsase en diferentes áreas de coñecemento, como poden ser a xenética (para determinar os xenes que están ligados a certas enfermidades) ou a socioloxía (onde permite a creación de grupos de persoas con intereses en común ou semellantes). CUBiBit é unha paralelización da ferramenta BiBit que, grazas ao emprego da arquitectura CUDA, é capaz de explotar a capacidade de cómputo das GPU para acelerar a busca de biclústeres.

Valores engadidos

A gran vantaxe de CUBiBit sobre o estado da arte é que pode explotar as características hardware das GPU para acelerar os cálculos.

Aplicacións por sector

Esta ferramenta permite a detección de padróns nos datos, de cara a obter información relevante a partir tales padróns, tanto no campo das finanzas como no da bioloxía.


Economía e finanzas
Saúde e benestar
TIC

Grupo de investigación

    • Grupo de Arquitectura de Computadoras
    • (GAC)

Responsable

  • Jorge González Domínguez
  • Roberto Rey Expósito

Contacta con nós

Última actualización

2019-07-16