Cicaboxes: receptores moleculares para substancias de interese biomédico e ambiental.


Receptores moleculares custo-efectivos capaces de recoñecer e secuestrar en medio acuoso substancias aromáticas de interese ambiental e biomédico.

Estado de protección da tecnoloxía

Foi presentada unha solicitude de patente co número EP18382906.8. Data de depósito: 10/12/2018.

Que buscamos?

Búscanse empresas dos sectores do petróleo, o medio ambiente ou a análise interesadas ben na explotación dos materiais, ben no desenvolvemento de aplicacións avanzadas.

Centro de Investigacións Científicas Avanzadas (CICA). Facultade de Ciencias

Descrición

As cicaboxes son unha nova familia de receptores moleculares desenvolvidos na UDC. Trátase de materiais capaces de capturar substancias aromáticas tanto en medios orgánicos como acuosos. O devandito secuestro permite o tratamento de matrices complexas (por exemplo, augas ou solo) contaminadas con substratos de interese, tales como hidrocarburos aromáticos policíclicos, dioxinas ou fármacos aromáticos. Dependendo do protocolo de uso, os materiais permiten a preconcentración de mostras contaminadas para a súa análise ou a remediación de mostras. Así mesmo, tales materiais presentan utilidade na valorización de petróleo cru, ao permitir separalo de substancias de alto valor engadido.

Valores engadidos

As cicaboxes presentan vantaxes significativas respecto aos receptores moleculares dispoñibles no mercado (ciclodextrinas, cucurbiturilos, calixarenos etc.), que se poden resumir nas seguintes:

  1. Prezo máis baixo que calquera outra clase de receptores sintéticos comerciais.
  2. Uso en medio orgánico ou acuoso.
  3. Selectividade fronte a substancias aromáticas de diversos tamaños e natureza.
  4. Fácil funcionalización para empregalas en soportes complexos (nanopartículas, polímeros, superficies etc.).

Estas características fan das cicaboxes alternativas vantaxosas para desenvolver novas tecnoloxías ben coñecidas para os receptores moleculares.

Aplicacións por sector

  1. Enerxía e desenvolvemento sustentable: aproveitamento ou remediación de contaminantes emerxentes como fármacos ou hidrocarburos aromáticos policíclicos.
  2. Medio ambiente: tratamento de matrices complexas contaminadas; detección de contaminantes; separación de contaminantes; aproveitamento ou remediación de contaminantes emerxentes como fármacos ou hidrocarburos aromáticos policíclicos.
  3. Sector do petróleo: valorización de petróleo cru.

Enerxía e desenvolvemento sostible
Medio ambiente

Grupo de investigación

    • Química Molecular e de Materiais
    • (QUIMOLMAT)

Responsable

  • Marcos D. García Romero
  • Carlos Peinador Veira
  • Arturo Blanco Gómez

Contacta con nós

Última actualización

2020-01-08