Planta de compresión con conversión de enerxía residual en potencia eléctrica e refrixeración.


Planta térmica para o aproveitamento da calor residual procedente de varias fontes nunha unidade de separación da calor (ASU), a produción de enerxía eléctrica, a xeración de potencia frigorífica e o aproveitamento termodinámico selectivo desta na instalación crioxénica.

Estado de protección da tecnoloxía

Patente da Universidade da Coruña número ES2736963, con número de solicitude 201800160; país de prioridade: España; data de prioridade: 03/07/2018; data de concesión 23/06/2021.

Que buscamos?

Dar a coñecer o sistema patentado a empresas do sector da separación de aire e da crioxenia en xeral de cara a lograr o aproveitamento de enerxía residual mediante a súa implementación nas instalacións do dito sector.

Descrición

Trátase de reutilizar a enerxía de baixa temperatura nas principais fontes dentro do sistema de separación de aire mediante un ciclo de absorción. A enerxía así recollida transfórmase en potencia eléctrica ou potencia frigorífica. A potencia eléctrica pódese exportar á rede xeral ou ser reempregada na propia instalación ASU. A potencia frigorífica úsase para refrixerar auga. Esta auga refrixerada utilízase selectivamente en diversos puntos da instalación principal co obxecto de mellorar do punto de vista termodinámico o proceso, aforrar enerxía e reducir o consumo específico.

Valores engadidos

  1. Diminúe de xeito efectivo o consumo eléctrico das instalacións de tipo ASU e, por tanto, os custos de explotación. Maximiza así os beneficios destas instalacións.
  2. Este sistema é polivalente en canto ao xeito de reverter a enerxía recuperada. Recupera a calor residual de procesos termodinámicos agresivos (principalmente compresións, é dicir, os maiores sumidoiros de enerxía típicos nas ASU, pero non de xeito exclusivo) mediante un ciclo por absorción modificado, de maneira que existe unha produción de enerxía eléctrica que reduce o consumo da propia ASU ou pode ser exportada á rede de subministración. Ademais, o frío industrial xerado aplícase estratexicamente dentro da ASU para diminuír a necesidade de consumo eléctrico.
  3. A súa versatilidade permite explotar custos variables do mercado eléctrico.
  4. A súa versatilidade permite adaptarse ás variacións de produción, produtos finais e carga típicos das instalacións crioxénicas de aire.
  5. A recuperación da calor residual non é un concepto novo. É a adaptación do sistema de absorción para facelo dual, a visión dun aproveitamento global dentro das ASU e a mellora selectiva dos semiprocesos termodinámicos mediante o sistema de produción de frío o que fai atractiva esta tecnoloxía.

Aplicacións por sector

Sector da cultura e a educación

Universidades ou institucións con liñas de investigación ou estudos no ámbito tratado ou no da recuperación de enerxía residual.

Sector da enerxía e o desenvolvemento sustentable

  1. No sector enerxético, empresas de xeración que desexen diversificar fontes de explotación mediante o aproveitamento de enerxía residual para logo vertela á rede nacional.
  2. A elevada redución do consumo eléctrico ao aplicar estas melloras contribúe á diminución das emisións de CO2, achéganos á economía circular e beneficia a todas as partes.

Sector da produción industrial

  1. Compañías de xeración de gases industriais procedentes do aire mediante destilación crioxénica. Amplo sector con gran presenza en todos os mercados obxectivo (principalmente China, Oriente Medio e os Estados Unidos, alén dalgúns mercados europeos). Calquera empresa de enxeñaría con experiencia na destilación crioxénica pode facerse cargo da aplicación desta patente.
  2. Empresas con instalacións de destilación crioxénica como plantas auxiliares non explotadas por elas mesmas (por exemplo, refinerías).
  3. Empresas de deseño ou explotación de instalacións crioxénicas de destilación de aire.
  4. Moitas instalacións terrestres presentan fontes de enerxía residual que poderían adoptar perfectamente esta solución con variacións na aplicación da capacidade de refrixeración.

Sector naval

  1. Todas as instalacións do tipo LNG-LPG, tanto en buques como en terra, teñen moitas posibilidades de integración de procesos (PI) coas ASU, polo que son candidatas perfectas para aplicar esta mellora.
  2. Moitas instalacións navais presentan fontes de enerxía residual que perfectamente poden adoptar esta solución con variacións na aplicación da capacidade de refrixeración.

Cultura e educación
Enerxía e desenvolvemento sostible
Produción industrial
Sector naval

Grupo de investigación

    • Enxeñaría Enerxética (INGEN)

Responsable

  • Daniel Blanco Mantiñán
  • Javier Romero Gómez
  • Manuel Romero Gómez
  • Álvaro Baaliña Insua

Contacta con nós

Última actualización

2023-02-07