Desenvolvemento dun sistema de impresión DICOM (digital imaging and communication in medicine) de baixo custo con impresoras convencionais.
Software intermedio que actúa como servidor DICOM e escoita os pedimentos de impresión dun servidor PACS, unha modalidade ou unha estación de traballo, para reenvialos a una impresora convencional.
.
Estado de protección da tecnoloxía
Rexistro de software.
Que buscamos?
Búscanse empresas interesadas na licenza desta tecnoloxía.
Descrición
O sistema permite a impresión de imaxes nunha impresora convencional a partir dunha mensaxe DICOM, cun formato específico definido por un modelo PDF, por medio dun servidor de impresión que responde a dúas mensaxes DICOM, DicomPrint e DicomStore. Esta última mensaxe, que non se utiliza normalmente para imprimir, usarase co obxectivo de permitir dous tipos de configuración para ampliar a información de impresión e incluír datos do/a paciente.
É posible ademais, por tanto, imprimir datos relativos ao/á paciente, procedentes tanto do ficheiro DICOM (en DicomStore) como dun informe do/a radiólogo/a. Neste último caso, a impresión quedará suspendida até o devandito informe estar dispoñible.
No servidor de impresión existen varias configuracións de impresión que quen o administre pode asociar á mensaxe DicomPrint ou DicomStore. Así mesmo, cada configuración de impresión ou perfil permite configurar unha impresora previamente instalada no sistema, o PDF de modelo, o número de copias, o número de imaxes por folla, gamma, contraste, filtro de suavizado e filtro de realce.
A impresión realizarase sobre un modelo predeterminado proporcionado previamente, sobre o cal se imprimirán as imaxes e algúns dos campos asociados ao/á paciente que conteña o ficheiro DICOM, así como o informe do/a radiólogo/a.
Valores engadidos
No mercado existen varias solucións de impresión de imaxes con formato DICOM que permiten imprimir directamente desde calquera sistema DICOM, con calidade diagnóstica ou próxima a ela. A maioría consisten no uso de impresoras de gran calidade que incorporan no seu propio microprograma (firmware) un servidor DICOM, o cal escoita os pedimentos de impresión no devandito formato, e que imprimen cando se solicita desde o PACS, a modalidade ou a estación de traballo DICOM. Estas solucións tenden a ter un alto custo.
A impresión pode realizarse en impresoras convencionais ou que permitan o pregamento e o grampado de follas, co obxectivo de xerar un libro que conteña as imaxes do estudo do/a paciente corporativizadas de acordo co hospital ou a clínica onde estea instalado o servidor.
O libro xerarase a partir dun PDF cuxas páxinas primeira e última serán, respectivamente, a portada e a contraportada, coa imaxe corporativa do hospital. Nalgúns casos ambas deberán conter tamén información pertencente ao estudo que alberga o libro. Na parte interior imprimirase unha serie de imaxes dun estudo médico nun formato definido de táboa, por exemplo 1 x 1, 4 x 3 o 6 x 2. Neste libro poderá incluírse o informe do/a radiólogo/a.
Aplicacións por sector
Grupo de investigación
-
- Redes de Neuronas Artificiais e Sistemas Adaptativos-Informática Médica e Diagnóstico Radiolóxico
- (RNASA-IMEDIR)
Responsable
- Alejandro Pazos Sierra
- Julián Dorado de la Calle
- Juan Ramón Rabuñal Dopico
- Javier Pereira Loureiro
- Ana Belén Porto Pazos
- Carlos Femández Lozano
- José Antonio Seoane Fernández
- Alba Cabarcos Bermúdez
- Alberto Alvarellos González
- Estefanía Sande Castro
Contacta con nós
-
-
Oficina de Transferencia de Resultados de Investigación
Edificio de Servizos Centrais de Investigación
Campus de Elviña, s/n
15071 A Coruña
-
Oficina de Transferencia de Resultados de Investigación
Última actualización
2020-03-10