TAAL: Framework para a transformación automática de átomos elementais en linguaxes de terceira xeración


O software TAAL é unha ferramenta de axuda á modificación automática de elementos atómicos de grandes coleccións de código fonte escritas en linguaxes de programación de terceira xeración.

Estado de protección da tecnoloxía

Software rexistrado (C-108-2019), número de asento rexistral (03/2019/378). Data de concesión: 06/08/2019.

Descrición

O obxectivo principal desta ferramenta software é a axuda á modificación automática de literais de texto dentro de coleccións de código fonte nunha linguaxe de programación específica, empregando técnicas de procesadores de linguaxes e compiladores. Para conseguir o seu obxectivo, a ferramenta dispón da definición adecuada das regras léxicas, sintácticas e semánticas da linguaxe a transformar. En particular este desenvolvemento trata con arquivos de código fonte escritos en linguaxe PLI.

O resultado da execución de TAAL sobre un arquivo de código fonte xerará unha saída en formato estándar CSV consumible para análise e modificación automática.

Valores engadidos

Axuda á conversión automática de literais empregando regras. Esta aplicación trata de facilitar o traballo de analistas e programadores de software para localizar estas cadeas no código fonte desenvolvido nunha linguaxe de terceira xeración (PLI), especificamente deseñada para o seu funcionamento nunha arquitectura hardware concreta, e poder realizar o seu tratamento ou modificación a partires dun formato moderno e práctico (CSV).

A utilización do formato CSV permite a explotación posterior dos resultados en múltiples ferramentas e aplicacións desenvolvidas con linguaxes de última xeración, xa orientados a obxecto.

Aplicacións por sector

Trátase dunha tecnoloxía aplicable en calquera ámbito no que se precise a tradución automática de código fonte en linguaxe PLI, xerando como linguaxe de saída o formato CSV. Destacar que está en explotación nunha empresa do sector financeiro e noutra do sector TIC.


Cultura e educación
Economía e finanzas
TIC

Grupo de investigación

    • Laboratorio Interdisciplinar de Aplicacións da Intelixencia Artificial
    • Telemática
    • computación

Responsable

  • José Carlos Dafonte Vázquez
  • Víctor Manuel Carneiro Díaz
  • Ángel Gómez García
  • Francisco Javier Nóvoa Manuel
  • Diego Fernández Iglesias
  • Raúl Santoveña Gómez
  • Manuel Fernández López-Vizcaíno
  • Diego Trabazo Sardón

Contacta con nós

Última actualización

2020-04-01