Software de apoio ao diagnóstico en oftalmoloxía baseado no tratamento de imaxes de tomografía de coherencia óptica (OCT).


Es un software de apoyo al diagnóstico en oftalmología basado en el tratamiento de imágenes de tomografía de coherencia óptica (oct).

Estado de protección da tecnoloxía

Rexistro de software

Descrición

Este software permite detectar de forma automática a estrutura vascular retiniana a partir dunha imaxe de OCT. Unha correcta detección dos vasos da retina permite que os expertos clínicos realicen un diagnóstico máis fiable dun conxunto moi amplo de patoloxías, como a retinopatía diabética ou a hipertensión.

A estrutura deste software permite a súa integración de forma sinxela en módulos máis amplos de análise de imaxe a modo de paquete de servizos. Isto engade versatilidade e flexibilidade ao produto, que pode adaptarse así de maneira máis eficaz ás necesidades dos potenciais clientes.

O software foi desenvolvido con C++ como linguaxe de programación e Netbeans como contorno de desenvolvemento en Linux. Ademais, utilizouse a librería de visión artificial OpenCV.

Valores engadidos

A principal necesidade que cobre esta aplicación é a de ofrecer unha ferramenta automática ao especialista, que lle permita obter resultados de maneira moito máis eficiente e repetible. Ambas as propiedades son vitais no ámbito da medicina: a eficiencia permite analizar e procesar unha maior cantidade de datos en menos tempo mentres que a reprodutibilidade garante a coherencia dos resultados obtidos con independencia da persoa que procesase os datos e as súas circunstancias (momento de ánimo, fatiga etc.).

Aplicacións por sector

O mercado a que se dirixe o produto é o das empresas, as institucións e os profesionais que traballan no ámbito da saúde, en concreto médicos oftalmolóxicos e cardiovasculares, a cuxas tarefas afectan máis directamente os parámetros biomédicos analizados polo software CAVIAR. Así mesmo, unha potencial fonte de cooperación atópase no sector do desenvolvemento de equipamento de imaxe médica (retinografía e OCT principalmente) e/ou software médico:

  1. A oferta de equipamento medico oftalmolóxico está concentrada en grandes empresas multinacionais ou que comercializan a nivel mundial, con sede principal nos Estados Unidos, Alemaña e o Xapón. De calquera xeito, hai radicadas en España empresas de certa relevancia dedicadas á distribución de todo tipo de equipamento médico que poden actuar de nexo entre clientes e compañías de hardware ou software médico.
  2. As compañías de software de xestión hospitalaria abundan, non así as que ofrecen outro tipo de produto menos estandarizado. O software para a diagnose a través do procesado de imaxes constitúe un nicho de mercado emerxente que parece contar con poucas e pequenas compañías no ámbito mundial.

En resumo, os potenciais clientes deste tipo de aplicación son os seguintes:

  1. Hospitais e centros de saúde
  2. Clínicas oftalmolóxicas e laboratorios
  3. Fabricantes de equipos oftalmolóxicos de imaxe dixital
  4. Fabricantes de software médico;
  5. Empresas distribuidoras de equipamento médico
  6. Grupos de investigación en oftalmoloxía

Saúde e benestar

Grupo de investigación

    • Grupo de Visión Artificial e Recoñecemento de Padróns
    • (VARPA)

Responsable

  • Manuel Francisco González Penedo
  • Marcos Ortega Hortas
  • Noelia Barreira Rodríguez
  • Jorge Novo Buján
  • José Rouco Maseda
  • José Joaquín de Moura Ramos

Contacta con nós

Última actualización

2020-04-07