Análise, valoración, deseño e construción nas escalas arquitectónica, urbana e paisaxística, centrados en procesos de innovación social, económica, medioambiental e participación cidadá
Desde o entendemento do proxecto do deseño integral e inclusivo, centrado en todas as persoas, e desde unha actitude de respecto medioambiental, formúlase a realización de proxectos en todas as escalas posibles (vivenda, edificio, espazo urbano e rural, e paisaxe).
A atención céntrase en procesos de abaixo a arriba dentro do campo da arquitectura, nas súas diferentes escalas espaciais.
Así mesmo, trabállanse as interaccións dos novos medios artísticos co espazo arquitectónico, urbano e territorial, especialmente aquelas accións que se produzan desde a participación e a innovación social.
Que buscamos?
Búscanse empresas ou institucións centradas na innovación social, económica e medioambiental que traballen no ámbito arquitectónico nalgunha das súas diferentes escalas (vivenda, edificio, medio rural, espazo urbano e paisaxe).
Facultade de Ciencias da Educación
Descrición
ARQUITECTURA:
- Análise e deseño de procesos de participación das persoas habitantes ou futuras habitantes de vivendas colectivas
- Valoración enerxética de edificios e propostas para edificios de consumo de enerxía case nulo (nZEB)
- Análise e deseño de vivendas e edificios con perspectiva de xénero
- Interaccións entre arte e arquitectura: análise e deseño, montaxes e publicacións
URBANISMO:
- Análise e deseño de procesos de participación cidadá
- Análise e deseño en urbanismo con perspectiva de xénero
- Análise e deseño de espazo público con perspectiva de xénero
- Aplicación e metodoloxía GIS.
- Interaccións entre arte e espazo público: análise e deseño, montaxes e publicacións
PAISAXE:
- Análise e deseño da paisaxe
- Análise e valoración de elementos patrimoniais da paisaxe
- Interaccións entre arte e paisaxe: análise e deseño, montaxes e publicacións
Autora: Amparo Casares Gallego
Concurso (primeiro premio) e realización da reurbanización do parque da Alameda. Santiago de Compostela, Galicia, 2005.
Autores: Emma López Bahut, Daniel Carvajal Alonso, Fátima Nieves Fernández e Pablo Ortiz Vacas
Concurso Madrid Digital Arts Museum (mención honorífica). 2014.
Autores: Pascuala Campos de Michelena e Francisco Vidal Pérez
Estudantes: Francisco Rodríguez Nieto, Rafael Sánchez Andión, David Vázquez González, Ramón Viéitez Rodríguez e Carlos Vila Santos
Dirección do equipo: Amparo Casares Gallego
Concurso internacional de arquitectura, desenvolvemento urbano e vivenda sustentable en Guanajuato, México, UIA /UNESCO (mención honorífica). 2003.
Valores engadidos
Estes métodos están a ser investigados con profundidade para extraer procesos, metodoloxías e novas aproximacións desde o campo da innovación social, económica e medioambiental. Combínase unha aproximación científica coa realización de diferentes proxectos de deseño e construción.
Aplicacións por sector
Grupo de investigación
-
- Grupo de investigación Persoa-Ambiente
- (GRIPA)
Responsable
- Amparo Casares Gallego
- Emma López Bahut
Contacta con nós
-
-
Oficina de Transferencia de Resultados de Investigación
Edificio de Servizos Centrais de Investigación
Campus de Elviña, s/n
15071 A Coruña
-
Oficina de Transferencia de Resultados de Investigación
Última actualización
2019-06-18