Caracterización radiolóxica de mostras mediante espectrometría gamma


Determinación de radionucleidos naturais e artificiais en todo tipo de mostras (solos, augas, aire, materiais de construción, alimentos etc).

Que buscamos?

Cubrir o servizo derivado dos diferentes sectores a que se aplica.

Escola Universitaria Politécnica. Centro de Investigacións Tecnolóxicas. 

Instituto Universitario de Xeología Isidro Parga Pondal.

Descrición

A técnica de espectrometría gamma que posúe o Laboratorio de Radioactividade Ambiental da UDC permite determinar, cun alto grao de exactitude, radionucleidos de orixe natural e artificial. Estas determinacións son útiles en multitude de campos, como por exemplo:

  • a datación xeolóxica de solos e sedimentos;
  • a caracterización radiolóxica (Orde IET/1946/2013);
  • a contaminación radioactiva;
  • ou a análise de augas (Real decreto 314/2016).

Valores engadidos

Con esta técnica poden detectarse gran cantidade de radionucleidos naturais e artificiais, cuns límites de detección moi pequenos e nun tempo relativamente curto. Desta forma, é posible cubrir as necesidades de diversas empresas e organismos públicos.

Espectrómetro gamma de Ge Canberra XTRA GX6020.

Aplicacións por sector

Coa técnica de medición de espectrometría gamma ofrécese un servizo integral de grande interese para diversos sectores: dun lado, pola caracterización radiolóxica de materias primas e produtos relacionados con industrias produtoras de aluminio, ferro e aceiro, entre outras (véxase a Orde IET/1946/2013); e, do outro, pola caracterización radiolóxica de augas de consumo humano (véxase o Real decreto 314/2016).


Acuicultura e pesca
Agricultura e silvicultura
Alimentación
Construción e enxeñaría civil
Gandaría e veterinaria
Medio ambiente
Saúde e benestar
Sector naval

Grupo de investigación

    • Laboratorio de Radioactividade Ambiental
    • Ciencia e Tecnoloxía Cibernética
    • (CTC)
    • Xestión Sustentable dos Recursos Hídricos e do Solo
    • (AQUATERRA)

Responsable

  • Alberto Otero Pazos
  • José Luis Calvo Rolle
  • Alfonso Calleja García
  • Sonia Casal Romero
  • María del Carmen Meizoso López
  • Benigno Antón Rodríguez Gómez
  • Héctor Quintián Pardo
  • Andrés José Piñón Pazos
  • María Isabel Fernández Ibañez
  • Esteban Jove Pérez
  • José Luis Casteleiro Roca
  • José Antonio López Vázquez
  • Luis Alfonso Fernández Serantes

Contacta con nós

Última actualización

2019-07-16