Software para a procura de contidos en documentos audiovisuais
Software para a realización de procuras de contidos en documentos audiovisuais mediante técnicas de procesamento de voz, transcrición automática de fala e recuperación de información.
What are we looking for?
Búscanse empresas interesadas nesta tecnoloxía.
Facultade de Informática
Description
O software permite realizar procuras rápidas de contidos en documentos audiovisuais mediante técnicas de procesamento de voz e recuperación de información. Primeiro obtense a transcrición fonética dos contidos de audio nos que se desexan realizar as procuras mediante tecnoloxía de recoñecemento da fala. Posteriormente, estas transcricións son almacenadas nun índice invertido. Para realizar a procura permítense dúas modalidades de consulta: texto e voz. No primeiro caso, obtense a transcrición fonética da consulta mediante unha ferramenta de conversión grafema a fonema. No caso da consulta por voz, xérase a transcrición fonética do mesmo xeito que no caso dos documentos.
Added Value
A motivación principal deste método foi a carencia de solucións suficientemente rápidas e eficaces para realizar procuras de contidos en documentos audiovisuais, que se acada mediante o emprego da representación proposta dos documentos, o seu almacenamento en índices invertidos, e o emprego de técnicas de recuperación de información para realizar as consultas.
A tecnoloxía de procura de contidos en documentos multimedia aporta unha solución para realizar consultas en grandes bases de datos audiovisuais sen necesidade de realizar unha tediosa e custosa etiquetaxe manual nin ter que inspeccionar os documentos de xeito manual para detectar os contidos de interese.
Otra información de interese:
Publicación descriptiva do software: Paula López Otero, Javier Parapar, Álvaro Barreiro, “Efficient query-by-example spoken document retrieval combining phone multigram representation and dynamic time warping”, Information Processing and Management, vol. 56, pp. 43-60, 2019.
Applications according to Sector
Os eidos de aplicación da tecnoloxía de procura de contidos en documentos audiovisuais son todos aqueles nos que sexa necesario acceder de forma constante a documentos multimedia. Isto inclúe o sector da cultura e a educación: mellorar a forma de acceder aos contidos dispoñibles deriva nun beneficio para a procura de contidos educativos e nunha maior difusión da cultura. Cabe destacar a utilidade desta ferramenta no sector TIC e no desenvolvemento de tecnoloxías inclusivas, xa que facilita o acceso das persoas con discapacidade visual a contidos multimedia.
Research Group
-
- Information Retrieval Lab
- (IRLab)
Person in Charge
- Paula López Otero
- Javier Parapar López
- Álvaro Barreiro García
Contact Us
-
-
Office of Transfer of Research Results
Building of Central Research Services
Campus de Elviña, s/n
15071 A Coruña
-
Office of Transfer of Research Results
Last Update
2019-06-20