Control de substancias radioactivas en augas de consumo humano


O Laboratorio de Radioactividade Ambiental da UDC posúe o equipamento e o coñecemento das técnicas necesarias para determinar os parámetros radioactivos que establece o Real decreto 314/2016. Desta maneira, cóbrense as necesidades derivadas deste tipo de determinacións.

Estado de protección da tecnoloxía

Este servizo non é protexible.

Que buscamos?

Cubrir o servizo derivado dos diferentes sectores a que se aplica.

Escola Universitaria Politécnica.

Instituto Universitario de Xeología Isidro Parga Pondal. Centro de Investigacións Tecnolóxicas

Descrición

Determinación de parámetros radioactivos incluídos no Real decreto 314/2016, do 29 de xullo, polo que se establecen os criterios sanitarios da calidade da auga de consumo humano.

Parámetro Valor paramétrico Unidade Notas
Radon 500 Bq/l 1
Tritio 100 Bq/l 2
Dose indicativa (DI) 0,10 mSv

Notas:

(1)

a) Sempre que for posible, sen prexuízo da subministración da auga, as actuacións dos xestores estarán encamiñadas a optimizar a protección da poboación cando os niveis de radon estean por debaixo de 500 Bq/l e por encima de 100 Bq/l.

b) Por outra parte, enténdense xustificadas as medidas correctoras por motivos de protección radiolóxica, sen outra consideración, cando as concentracións de radon superen os 1000 Bq/l.

(2) Uns niveis de tritio elevados poden ser indicio da presenza doutros radionucleidos artificiais. En caso de que a concentración de tritio sexa superior ao seu valor paramétrico, requirirase unha análise da presenza doutros radionucleidos artificiais.

Valores engadidos

Con este servizo poden caracterizarse radioloxicamente augas para consumo humano, co obxecto de dar resposta a requirimentos derivados da lexislación vixente.

Espectrómetro gamma de Ge Canberra XTRA GX6020.

Equipo de medición de radon en continuo Alphaguard PQ 2000PRO

Contador proporcional alfa/beta de fluxo continuo de gas Berthold LB770.

Aplicacións por sector

Co servizo de control de substancias radioactivas en augas de consumo humano cóbrense as necesidades dos sectores que empregan auga.


Acuicultura e pesca
Agricultura e silvicultura
Alimentación
Construción e enxeñaría civil
Gandaría e veterinaria
Medio ambiente
Saúde e benestar
Sector naval

Grupo de investigación

    • Laboratorio de Radioactividade Ambiental UDC
    • Ciencia e Tecnoloxía Cibernética
    • (CTC)
    • Xestión Sustentable dos Recursos Hídricos e do Solo
    • (AQUATERRA)

Responsable

  • Alberto Otero Pazos
  • José Luis Calvo Rolle
  • Alfonso Calleja García
  • Sonia Casal Romero
  • María del Carmen Meizoso López
  • Benigno Antón Rodríguez Gómez
  • Héctor Quintián Pardo
  • Andrés José Piñón Pazos
  • María Isabel Fernández Ibañez
  • Esteban Jove Pérez
  • José Luis Casteleiro Roca
  • José Antonio López Vázquez
  • Luis Alfonso Fernández Serantes

Contacta con nós

Última actualización

2019-07-16