EMAPIC


Servizo web para xerar información xeográfica de forma colaborativa e analizala sobre mapas en tempo real.

Technology’s Protection Status

Unicamente se fixo o rexistro de marca EMAPIC nas clases 35, 38 e 42, así como os dominios web <emapic.es> e <emapic.org>.

O código de EMAPIC é software libre, e como tal encóntrase nun repositorio aberto, neste caso o seguinte: https://github.com/Emapic/.

What are we looking for?

Preténdese conseguir máis clientes que desexen usar EMAPIC e pagar polos seus servizos de personalización de mapas de opinión ou enquisas xeolocalizadas. Con eses ingresos quérese seguir avanzando no desenvolvemento de EMAPIC, para facer un motor de enquisas públicas máis potente e ofrecer un modelo de negocio baseado ademais en cotas de uso segundo as funcionalidades requiridas. Nese momento quérese crear unha empresa derivada (spin-off) da UDC.

Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos

Description

EMAPIC é un servizo web especializado na creación de mapas de opinión ou enquisas xeoespaciais, que poderiamos definir como aquelas que teñen a capacidade de reunir a recompilación de datos alfanuméricos das enquisas en liña tradicionais coa potencialidade e o valor engadido que ofrece o compoñente xeográfico da localización do usuario.

Baséase no uso combinado das tecnoloxías de información xeográfica e as tecnoloxías da información e a comunicación para o tratamento, a consulta e a visualización de datos espaciais, en todos os casos baixo os criterios do software libre. Nos resultados permítese tanto a simple visualización dos datos nun mapa como a obtención de análises xeométricas máis complexas, e correlacións entre as respostas e as súas áreas xeográficas, para facilitar a representación sobre mapas de feitos, ideas, opinións, necesidades, demandas, intereses, sensacións, inquietudes ou sentimentos das persoas en función da súa localización xeográfica. Deste xeito é posible atinxir un mellor coñecemento sobre calquera temática de interese.

Added Value

Actualmente existe un auxe das aplicacións que facilitan a creación de enquisas en liña, pero practicamente ningunha delas traballa de forma axeitada coa localización xeográfica dos participantes. Tan importante é saber o que opina a xente como onde é que se teñen certas opinións, que poden variar de forma significativa duns barrios respecto a outros ou nunha rexión comparada con outras diferentes.

Un dos alicerces de EMAPIC é a interface web, cuxa principal función é tanto permitir cubrir a enquisa (recuperando a posición do usuario, se é posible, de xeito automático) como visualizar os datos sobre mapas dunha forma sinxela, pero cun gran potencial, que é o que fai desta aplicación un produto diferente e único.

As respostas recibidas visualízanse sobre un mapa en que se representan os puntos onde se situou cada persoa enquisada até ese momento, con distintas cores segundo a simboloxía asociada ás respostas. Estas poden verse con detalle nunha xanela emerxente, pulsando sobre cada posición. Ademais ofrécense diversas funcionalidades de análise xeoespacial dos datos agrupados por rexións de interese (barrios, distritos, municipios, provincias, países…).

Outra información de interese:

Actualmente disponse dunha páxina web (https://emapic.es), unha conta de Twitter (@_emapic) e unha perfil de Facebook (https://www.facebook.com/emapic.es/).


Exemplo de funcionalidades visuais dos datos xeolocalizados.


Exemplo de identificación de elementos xeográficos puntuais, lineais ou superficiais.


Exemplo de análisis xeoespacial de resultados de procesos participativos.

Applications according to Sector

A versatilidade do servizo ofrecido por EMAPIC permite crear mapas de análise personalizados en multitude de ámbitos diferentes, como xa foi demostrando nos últimos tempos. Así, cóntase con experiencias na participación pública (prototipo de conexión de EMAPIC con CONSUL para propostas cidadás); consultas medioambientais (traballos de análise de consumos de auga e de xestión de residuos, localización de puntos de interese ambiental ou de impactos existentes); estudios de mobilidade (análise da mobilidade escolar, estudios de transporte público municipal); proxectos educativos (explicación dos mapas en primaria e secundaria, traballos de localización de patrimonio); análises turísticas (mapas de visitas a cidades e museos); xestión de proxectos territoriais e coordinación de entidades (sistemas de identificación e visualización de proxectos de cooperación ao desenvolvemento); inscricións en eventos (formularios xeolocalizados dos participantes en congresos, xornadas e cursos para estudar a súa influencia xeográfica); estudos demoscópicos e sociolóxicos (enquisas electorais por sección censais); promoción cultural (valoración de lugares de interese patrimonial); promoción comercial (campañas de localización de usuarios ou consumidores dunha marca) etc.

Algunhas experiencias:

Web do servizo, https://emapic.es

Galería de enquisas públicas de usuarios de EMAPIC, https://emapic.es/surveys/list

Mapa dos galegos, https://emapic.es/survey/4ffqWaI

Cuestionario da Estratexia infraestrutura verde Galicia, http://emapic.es/estratexiaverde

Estudo de mobilidade escolar, http://geomove.es

Proposta de novas estacións de BICIMAD, https://emapic.es/custom/enbicipormadrid/bicimad

Participación no evento OSHDEM17, https://emapic.es/custom/oshwdem17


Culture and education
ICT
Public services

Research Group

    • Visualización Avanzada e Cartografía
    • (VIDEALAB)

Person in Charge

Contact Us

Last Update

2019-06-18