Ferramenta para realizar o cribado de DME en imaxes de OCT.


Ferramenta para realizar o cribado de DME en imaxes de OCT (OCTA-CRIBADO)

Technology’s Protection Status

Rexistro de software.

What are we looking for?

Búscanse empresas interesadas na licenza desta tecnoloxía.

Description

Trátase dun software de apoio ao diagnóstico e ao seguimento en oftalmoloxía, baseado no tratamento de imaxes de tomografía de coherencia óptica (OCT), que permite clasificar unha imaxe de OCT como de paciente san ou patolóxico no caso de edema macular diabético (DME).

Added Value

Distinguir entre os casos sans e patolóxicos de forma totalmente automática axiliza de maneira notable o proceso de cribado, permite descartar directamente os casos sans e tamén iniciar unha análise máis exhaustiva dos casos patolóxicos sen perda de tempo.

Co uso deste software, ademais, obtéñense resultados repetibles, deterministas e instantáneos, isto é, cunhas características imprescindibles no ámbito clínico, onde as probas acostuman ser moi custosas en tempo.

Applications according to Sector

A principal funcionalidade do software é proporcionar eficiencia e reproducibilidade ao experto. A eficiencia fai posible procesar unha maior cantidade de imaxes en menos tempo, mentres que a reproducibilidade garante o determinismo no resultado.


Health and wellness

Research Group

    • Grupo de Visión Artificial e Recoñecemento de Padróns
    • (VARPA)

Person in Charge

  • González Penedo, Manuel Francisco
  • Ortega Hortas, Marcos
  • Barreira Rodríguez, Noelia
  • Novo Buján, Jorge
  • Rouco Maseda, José
  • De Moura Ramos, José Joaquim
  • Díaz González, Macarena
  • Lizancos Vidal, Plácido Francisco

Contact Us

Last Update

2021-12-13