Análise, valoración, deseño e construción nas escalas arquitectónica, urbana e paisaxística, centrados en procesos de innovación social, económica, medioambiental e participación cidadá


Desde o entendemento do proxecto do deseño integral e inclusivo, centrado en todas as persoas, e desde unha actitude de respecto medioambiental, formúlase a realización de proxectos en todas as escalas posibles (vivenda, edificio, espazo urbano e rural, e paisaxe).
A atención céntrase en procesos de abaixo a arriba dentro do campo da arquitectura, nas súas diferentes escalas espaciais.

Así mesmo, trabállanse as interaccións dos novos medios artísticos co espazo arquitectónico, urbano e territorial, especialmente aquelas accións que se produzan desde a participación e a innovación social.

Que buscamos?

Búscanse empresas ou institucións centradas na innovación social, económica e medioambiental que traballen no ámbito arquitectónico nalgunha das súas diferentes escalas (vivenda, edificio, medio rural, espazo urbano e paisaxe).

Facultade de Ciencias da Educación

Descrición

ARQUITECTURA:

  • Análise e deseño de procesos de participación das persoas habitantes ou futuras habitantes de vivendas colectivas
  • Valoración enerxética de edificios e propostas para edificios de consumo de enerxía case nulo (nZEB)
  • Análise e deseño de vivendas e edificios con perspectiva de xénero
  • Interaccións entre arte e arquitectura: análise e deseño, montaxes e publicacións

URBANISMO:

  • Análise e deseño de procesos de participación cidadá
  • Análise e deseño en urbanismo con perspectiva de xénero
  • Análise e deseño de espazo público con perspectiva de xénero
  • Aplicación e metodoloxía GIS.
  • Interaccións entre arte e espazo público: análise e deseño, montaxes e publicacións

PAISAXE:

  • Análise e deseño da paisaxe
  • Análise e valoración de elementos patrimoniais da paisaxe
  • Interaccións entre arte e paisaxe: análise e deseño, montaxes e publicacións

Autora: Amparo Casares Gallego
Concurso (primeiro premio) e realización da reurbanización do parque da Alameda. Santiago de Compostela, Galicia, 2005.

Autores: Emma López Bahut, Daniel Carvajal Alonso, Fátima Nieves Fernández e Pablo Ortiz Vacas
Concurso Madrid Digital Arts Museum (mención honorífica). 2014.

Autores: Pascuala Campos de Michelena e Francisco Vidal Pérez
Estudantes: Francisco Rodríguez Nieto, Rafael Sánchez Andión, David Vázquez González, Ramón Viéitez Rodríguez e Carlos Vila Santos
Dirección do equipo: Amparo Casares Gallego
Concurso internacional de arquitectura, desenvolvemento urbano e vivenda sustentable en Guanajuato, México, UIA /UNESCO (mención honorífica). 2003.

Valores engadidos

Estes métodos están a ser investigados con profundidade para extraer procesos, metodoloxías e novas aproximacións desde o campo da innovación social, económica e medioambiental. Combínase unha aproximación científica coa realización de diferentes proxectos de deseño e construción.

Aplicacións por sector

Construción e enxeñaría civil
Enerxía e desenvolvemento sostible
Medio ambiente
Servizos públicos

Grupo de investigación

    • Grupo de investigación Persoa-Ambiente
    • (GRIPA)

Responsable

  • Amparo Casares Gallego
  • Emma López Bahut

Contacta con nós

Última actualización

2019-06-18