Asesoramento/obradoiros de formación sobre codificación de materiais XML e HTML


Formación e organización de obradoiros sobre codificación de materiais coa finalidade de convertilos en documentación electrónica para a súa conservación e manipulación.

Estado de protección da tecnoloxía

É un servizo non protexible.

Que buscamos?

Institucións, empresas ou investigadores individuais interesados en recibir formación sobre esta técnica. Poderíanse adaptar as sesións formativas ás necesidades do cliente.

Facultade de Filoloxía.

Descrición

Organización de plans de formación sobre a creación, codificación e uso de textos electrónicos. Seguiranse fundamentalmente os principios de TEI (Text Encoding Initiative) aceptados en xeral como modelo estándar.

Toda a documentación e materiais cos que se traballe serán tratados con confidencialidade en todos os casos.

Valores engadidos

As personas que desenvolvan estes obradoiros de formación son profesionais experimentados no manexo do estándar TEI (Text Encoding Initiative), sobre todo na súa aplicación a arquivos XML para a súa xestión en repositorios de empresas, institucións, etc. Ademais o uso desta tecnoloxía facilita enormemente a recuperación da información (Information Retrieval)

Formación e atención personalizada: inclúe o uso de plataformas tipo Moodle, e-learning e videotutoriais, formación presencial e telemática, elaboración de material adicional adaptado a necesidades concretas, etc.

Aplicacións por sector

Unha das aplicacións dos arquivos en XML, dada a súa codificación estandarizada, é que facilita a almacenaxe organizada de gran cantidade de textos e documentación diversa. O etiquetado de textos facilita a recuperación dos datos gardados nos arquivos tanto por contidos do propio texto como pola información incluída nos metadatos de cada arquivo

En realidade a tecnoloxía XML pódese aplicar a calquera ámbito.


Cultura e educación
TIC

Grupo de investigación

    • Research Group for Multidimensional Corpus-Based Studies in English
    • (MUSTE)

Responsable

  • Isabel Moskowich
  • Luis Puente Castelo
  • Anabella Barsaglini Castro
  • Inés Lareo Martín
  • Leidamaria Monaco

Contacta con nós

Última actualización

2019-06-18