BDWatchdog


Software para a monitorización e o perfilado en tempo real de aplicacións que traballan con macrodatos (big data).

Estado de protección da tecnoloxía

Rexistro de software no Rexistro da Propiedade Intelectual de Galicia en trámite, pendente de número de asento rexistral:

BDWatchdog: Real-time monitoring and profiling tool for Big Data workloads. Autores: Jonatan Enes Álvarez, Roberto Rey Expósito, Juan Touriño Domínguez. Número de solicitude C-361-2019. Entidade titular: Universidade da Coruña. Data de presentación e efectos: 21/10/2019.

Que buscamos?

Búscanse posibles empresas, organizacións ou centros de investigación interesados nesta tecnoloxía.

Facultade de Informática

Descrición

BDWatchdog é unha potente ferramenta que permite realizar análises precisas, eficientes e en tempo real da execución de aplicacións que traballan con macrodatos e contornos de traballo (frameworks) de computación distribuída.

O software utiliza fundamentalmente dous enfoques para determinar o que está a facer unha aplicación ou un contorno de traballo cos recursos do sistema (por exemplo, a CPU ou a memoria) que ten dispoñibles: 1) a monitorización de recursos tanto a nivel global do sistema como a nivel de proceso; e 2) o perfilado mixto do sistema e da máquina virtual Java (JVM) mediante a xeración de flame graphs en tempo real. Ademais, a interface web de visualización facilita o seu emprego por parte dos usuarios máis inexpertos.

Publicación descriptiva do software:

Jonatan Enes Álvarez, Roberto R. Expósito, Juan Touriño. BDWatchdog: Real-time monitoring and profiling of Big Data applications and frameworks. Future Generation Computer Systems, vol. 87, pp. 420-437, 2018. https://doi.org/10.1016/j.future.2017.12.068.

.

Valores engadidos

A principal vantaxe de BDWatchdog é que permite facer unha monitorización e un perfilado de gran fino, incluso no nivel dun proceso do sistema en concreto. Esta é a súa característica máis diferenciadora respecto a solucións previas. Ademais, a xeración de flame graphs para o perfilado de aplicacións baseadas na JVM é outra importante contribución desta tecnoloxía, xa que tamén pode facelo en tempo real e de forma eficiente.

Con BDWatchdog, tanto os usuarios finais de aplicacións que traballan con macrodatos como os desenvolvedores de contornos de traballo de computación distribuída (Hadoop, Spark) dispoñen dunha ferramenta potente e eficiente que lles permite facer análises exhaustivas e en tempo real do comportamento que exhiben as súas cargas de traballo en tempo de execución.

Aplicacións por sector

Debido ao carácter transversal da tecnoloxía, os campos de aplicación serían todos aqueles que fagan uso de tecnoloxías de procesamento de macrodatos e que requiran unha análise precisa das súas aplicacións, co obxectivo de caracterizar o seu rendemento ou identificar posibles estrangulamentos nos tempos de execución.


Construción e enxeñaría civil
Economía e finanzas
Produción industrial
TIC

Grupo de investigación

    • Grupo de Arquitectura de Computadores
    • (GAC)

Responsable

  • Roberto Rey Expósito
  • Jonatan Enes Álvarez
  • Juan Touriño Domínguez

Contacta con nós

Última actualización

2020-01-08