C2F: Framework para a axuda á conversión de código fonte de linguaxe de programación imperativos
O software C2f é unha ferramenta de axuda ao análise e conversión de código fonte escrito nunha linguaxe de programación de terceira xeración.
Estado de protección da tecnoloxía
Software rexistrado (C-479-2017), número de asento rexistral (03/2018/173). Data de concesión: 13/02/2018.
Descrición
O resultado da execución de C2f xerará unha saída en formato estándar XML. En función dos parámetros de entrada a saída divídese en dous bloques: por unha parte obtense a árbore sintáctica correspondente ao análise e por outra obtéñense un conxunto de valores estatísticos que miden a complexidade do arquivo de entrada. A utilización do formato XML permite a explotación posterior dos resultados en múltiples ferramentas e aplicacións desenvolvidas con linguaxes de última xeración, xa orientados a obxecto.
Está realizado integramente con software libre na linguaxe de programación C e empregando as ferramentas de xeración de analizadores léxicos Flex e de analizadores sintácticos Bison.
Valores engadidos
Axuda ao análise e conversión de código fonte escrito nunha linguaxe de programación de terceira xeración.
O resultado da execución de C2f xerará unha saída en formato estándar XML que permite a explotación posterior dos resultados en múltiples ferramentas e aplicacións desenvolvidas con linguaxes de última xeración, xa orientados a obxecto.
Aplicacións por sector
Trátase dunha tecnoloxía aplicable en calquera ámbito no que se precise tradución dende linguaxes imperativos. Destacar que está en explotación nunha empresa do sector financeiro.
Grupo de investigación
-
- Laboratorio Interdisciplinar de Aplicacions da Intelixencia Artificial
- (LIA2)
-
- Telemática
-
- Ciencias da Navegación e Enxeñaría Mariña
Responsable
- José Carlos Dafonte Vázquez
- Víctor Manuel Carneiro Díaz
- Ángel Gómez García
- Francisco Javier Nóvoa Manuel
- María Martínez Pérez
- Diego Fernández Iglesias
- Minia Manteiga Outeiro
- Alfonso Landín Piñeiro
- Raúl Santoveña Gómez
- Diego Trabazo Sardón
Contacta con nós
-
-
Oficina de Transferencia de Resultados de Investigación
Edificio de Servizos Centrais de Investigación
Campus de Elviña, s/n
15071 A Coruña
-
Oficina de Transferencia de Resultados de Investigación
Última actualización
2020-04-01