Determinación de gas radon en aire, auga e solo (vivendas, lugares de traballo etc)


Determinación de gas radon en aire, auga e solo con equipos de medición en continuo (medidas de curta duración) e con detectores de trazas (medidas de longa duración).

Que buscamos?

Cubrir o servizo derivado dos diferentes sectores a que se aplica.

Escola Universitaria Politécnica. Centro de Investigacións Tecnolóxicas.

Instituto Universitario de Xeología Isidro Parga Pondal.

Descrición

As técnicas de medición que posúe o Laboratorio de Radioactividade Ambiental da UDC permiten determinar con gran fiabilidade a concentración de gas radon no aire, a auga e o solo. Poden detectarse desta forma focos de entrada de gas radon en vivendas e lugares de traballo, entre outros, que poderían resultar nocivos para a saúde (véxanse a Instrución IS-33 Nº22 Sección III páx. 6833 del BOE, publicada o 26/01/12; la Directiva 2013/59/EURATOM; o Código técnico da edificación e o Real decreto 314/2016, do 29 de xullo, polo que se establecen os criterios sanitarios da calidade da auga de consumo humano).

Valores engadidos

Coa metodoloxía de medición de gas radon, pode previrse a exposición a este gas, unha vez que se determine a súa concentración, e establecerse medidas de mitigación, como a ventilación mecánica, o selado de fendas, a instalación de barreiras protectoras ou a construción de arquetas de captación, entre outras.


Detector de trazas para a determinación de gas radon (3 meses)


Equipo de medición de radon en continuo Alphaguard PQ 2000PRO


Equipo de medición de radon en continuo RadonSentinel de SUN NUCLEAR.

Aplicacións por sector

Coa medición de gas radon en aire, auga e solo ofrécese un servizo integral de grande interese para diversos sectores. Por un lado, falamos da determinación de gas radon en lugares de traballo, requisito lexislado a través da mencionada Instrución IS-33. Polo outro, da determinación de gas radon en vivendas, requisito da Directiva 2013/59/EURATOM, aínda pendente de se traspor á lexislación española, así como de incluírse no Código técnico de edificación. Tamén se cubriría a necesidade de determinación de gas radon en augas de consumo humano establecida polo Real decreto 314/2016.


Acuicultura e pesca
Agricultura e silvicultura
Alimentación
Construción e enxeñaría civil
Economía e finanzas
Gandaría e veterinaria
Medio ambiente
Saúde e benestar
Sector naval
Tecnoloxías da auga

Grupo de investigación

    • Laboratorio de Radioactividade Ambiental
    • Ciencia e Tecnoloxía Cibernética
    • (CTC)
    • Xestión Sustentable dos Recursos Hídricos e do Solo
    • (AQUATERRA)

Responsable

  • Alberto Otero Pazos
  • José Luis Calvo Rolle
  • Alfonso Calleja García
  • Sonia Casal Romero
  • María del Carmen Meizoso López
  • Benigno Antón Rodríguez Gómez
  • Héctor Quintián Pardo
  • Andrés José Piñón Pazos
  • María Isabel Fernández Ibañez
  • Esteban Jove Pérez
  • José Luis Casteleiro Roca
  • José Antonio López Vázquez
  • Luis Alfonso Fernández Serantes

Contacta con nós

Última actualización

2019-07-16