Viabilidade das enerxías renovables mariñas


Estudos de viabilidade e análise SIX de enerxías mariñas (eólica mariña fixa, eólica mariña flotante, enerxía undimotriz, etc.)

Que buscamos?

Búscanse socios para proxectos de investigación relacionados coas enerxías mariñas (eólica mariña, undimotriz, etc.)

Escola Politécica Superior

Descrición

O cálculo de Valor Actual Neto (VAN), Taxa Interna de Retorno (TIR) e Período de recuperación foi analizado para diversos estudos, incluíndo algúns proxectos europeos. Ademais, úsanse Sistemas de Información Xeográfica (SIX) e softwares de programación para desenvolver a viabilidade de sistemas enerxéticos, sobre todo relacionados coas enerxías mariñas, e considerando unha rexión específica de estudo. Neste contexto, aspectos tales como o transporte marítimo, áreas medioambientalmente protexidas, etc. son considerados. Proporcionamos informes e análises da viabilidade de enerxías renovables onshore e offshore, tendo en conta tanto aspectos técnicos (cables eléctricos, amarres, etc.) coma económicos das mesmas.

Valores engadidos

A metodoloxía desenvolvida está orientada fundamentalmente ao cálculo da viabilidade de enerxías renovables mariñas. Estas tecnoloxías aínda están a ser desenvolvidas na actualidade, polo que o estudo dos seus principais custos e a análise das mellores áreas para a súa implantación é de vital importancia para o futuro desenvolvemento do sector no futuro. A principal vantaxe é que a metodoloxía inclúe aspectos técnicos e económicos relativos a este tipo de tecnoloxías.

Aplicacións por sector

A metodoloxía pode ser adaptada para outros tipos de enerxía, previo estudo das súas características fundamentais, e para calquera zona do mundo. Deste xeito, resulta moi atractiva para ter unha visión xeral da viabilidade das enerxías mariñas.


Acuicultura e pesca
Construción e enxeñaría civil
Economía e finanzas
Enerxía e desenvolvemento sostible
Medio ambiente
Produción industrial
Sector naval
Servizos públicos
Tecnoloxías da auga
TIC

Responsable

  • Laura Castro Santos
  • Almudena Filgueira Vizoso

Contacta con nós

Última actualización

2019-06-20