Plataforma de localización e posicionamento en interiores
Plataforma multitecnoloxía de localización en interiores tanto de persoas como de obxectos. Adaptable ás necesidades de proxectos e contornos específicos.
Estado de protección da tecnoloxía
Publicacións en revistas e congresos de ámbito internacional.
Que buscamos?
Búscanse empresas e organizacións interesadas en incorporar aos seus servizos os beneficios dun sistema de localización.
Facultade de Informática. CITIC
Descrición
A situación dun obxecto ou unha persoa en exteriores adoita realizarse a través de sistemas de posicionamento por satélite (GPS, Galileo, GLONASS etc.). No entanto, estas tecnoloxías non funcionan no interior dos edificios, o que limita o desenvolvemento de calquera servizo baseado na localización (location-based services, LBS).
Os nosos sistemas obteñen información de múltiples fontes (dispositivos, sensores, cámaras etc.) para poder proporcionar a posición dun obxecto ou unha perona nas coordenadas dun plano ou nunha zona concreta dentro dun edificio. Para iso, desenvolveuse unha plataforma software que permite incorporar facilmente novas tecnoloxías e fontes de información, lóxicas e algoritmos para estimar a posición, amais de poder conectarse con aplicacións de terceiros.
Por outro lado, esta plataforma, a parte de proporcionar a posición estimada dun obxecto ou unha persoa, o seu histórico e a relación coa información orixinal, permite xerar alertas baseadas na posición.
Valores engadidos
Ao tratarse dunha plataforma multitecnoloxía, non é tan ríxida como as alternativas pechadas a unha única solución. Dependendo da infraestrutura existente, os requisitos do servizo que necesite a localización e o orzamento dispoñible, pode darse unha solución adaptada.
Esta solución vai sempre acompañada dun labor de consultoría, xa que os LBS requiren un estudo experto das necesidades reais de localización para evitar sobredimensionamentos (que é o habitual) ou factores limitantes de cara a un crecemento futuro do servizo.
A vantaxe de ter unha plataforma para proporcionar a posición de obxectos e persoas abre o abanico de posibles servizos e incorpora un valor engadido aos xa existentes. De feito, xa foi aplicada a múltiples sectores e a súa demanda é crecente.
Aplicacións por sector
A plataforma foi empregada en diversos sectores. Cabe destacarmos o seu uso nos seguintes:
a) Vixilancia e seguridade. O control de vehículos ou persoas nun recinto, con rexistro das entradas e saídas en determinados sectores e o mantemento dun histórico de todo.
b) Industria 4.0. A mellora dos procesos produtivos na industria pasa por facer un bo trazado dos produtos e/ou elementos dunha fábrica ou almacén. Para iso, é moi importante ter un sistema de localización que permita coñecer a súa posición en cada momento.
c) Saúde e benestar. Para orientar ós usuarios nun contorno hospitalario, ou facer un seguimento de persoas maiores e/ou con algún tipo de dependencia, é moi importante ter sistemas de localización e alertas por posición.
d) Cultura. A información proporcionada baseada na contorna é un factor determinante e diferenciador á hora de efectuar visitas culturais.
e) Mercadotecnia. Neste caso falamos, por exemplo, de guiar ós visitantes dun centro comercial ou suxerir as ofertas máis axeitadas segundo o perfil do comprador e a súa contorna máis próxima.
Un exemplo de explotación desta tecnoloxía de localización:
http://nas.gtec.udc.es/LocYu/index.html
Aplicacións Android:
https://play.google.com/store/apps/details?id=com.locyu.parking
https://play.google.com/store/apps/details?id=com.locyu.routing
Aplicacións iOs:
https://itunes.apple.com/es/app/locyu-parking/id939179176
Grupo de investigación
-
- Grupo de Tecnoloxía Electrónica e Comunicacións
- (GTEC)
Responsable
- Carlos J. Escudero Cascón
- José A. García Naya
Contacta con nós
-
-
Oficina de Transferencia de Resultados de Investigación
Edificio de Servizos Centrais de Investigación
Campus de Elviña, s/n
15071 A Coruña
-
Oficina de Transferencia de Resultados de Investigación
Última actualización
2019-07-16