Máquina e procedemento para quentamento/arrefriamento con materiais barocalóricos
Máquina de arrefriamento que utiliza sólidos en lugar de gases de efecto invernadoiro.
Technology’s Protection Status
Presentouse unha solicitude de patente no ano 2019.
What are we looking for?
Búscanse empresas interesadas na licenza desta tecnoloxía.
Tamén podería formularse un proxecto para implementar a idea nunha máquina industrial.
Description
A máquina consta dunha cavidade que pode ser cilíndrica, malia que tamén pode adoptar outras xeometrías. A devandita cámara divídese en varios compartimentos. As divisións entre os compartimentos poden moverse solidariamente, por exemplo, mediante rotación, como se indica na Figura 1, sen que perdan a súa estanquidade.
Cada zona pola que van pasando os distintos compartimentos está conectada a un circuíto polo que circula un fluído a unha determinada presión. O material barocalorico sitúase en determinadas posicións sobre un eixe que permite desprazalo dunha posición na cámara a outra de acordo cun programa.
O programa de desprazamento do material barocalórico está sincronizado coa circulación dos líquidos dos circuítos polo interior dos compartimentos. Normalmente as conexións que permiten a circulación de fluídos están situadas nas caras planas do cilindro. Pode funcionar con materiais barocalóricos directos ou inversos, ou calquera combinación de ambos.
Added Value
As aplicacións son as mesmas de calquera sistema de arrefriamento-refrixeración, coa pequena particularidade de que se prescinde dos gases de efecto invernadoiro.
Applications according to Sector
As aplicacións son as mesmas de calquera sistema de arrefriamento-refrixeración, coa particularidade de que se prescinde dos gases de efecto invernadoiro.
Research Group
-
- Propiedades Térmicas e Reolóxicas de Materiais (Proterm)
Person in Charge
- Ramón Pedro Artiaga Díaz
- Jorge José López Beceiro
Contact Us
-
-
Office of Transfer of Research Results
Building of Central Research Services
Campus de Elviña, s/n
15071 A Coruña
-
Office of Transfer of Research Results
Last Update
2020-01-22