VGLiDAR 1.0 (visualizador galego de datos LiDAR).
VGLiDAR é un software de visualización de datos LiDAR en liña baseado en WebGL coa capacidade de realizar medicións directamente sobre as nubes de puntos.
Estado de protección da tecnoloxía
Rexistro de software con número de asento 03/2016/51.
Que buscamos?
Búscanse empresas ou centros de investigación interesados na licenza desta tecnoloxía.
Descrición
Na actualidade a tecnoloxía LiDAR (light detection and ranging) constitúe unha das fontes de información xeográfica máis importantes nunha ampla variedade de campos como a enxeñaría agroforestal, a arqueoloxía, a robótica ou os vehículos autónomos.
VGLiDAR é unha ferramenta web que permite a visualización de nubes de puntos de datos LiDAR de gran tamaño, de até 281 millóns de puntos, mediante resolución completa e procesamento no lado do cliente. Desde a páxina de entrada, composta por un mapa de imaxes por satélite, permítese solicitar datos LiDAR dunha zona seleccionada.
Na páxina de visualización móstrase a nube de puntos LiDAR correspondente á zona previamente escollida. Ademais, proporciónanse diferentes ferramentas de medición e procesado de puntos, tales como o cálculo de distancia, de áreas proxectadas ou da área real.
Páxina web: <https://pangea.udc.es/VGLiDAR>.
Valores engadidos
VGLiDAR deseñouse coa especificación WebGL, a cal permite solucións eficientes de visualización web que non están vinculadas a ningún sistema operativo ou dispositivo en concreto.
Doutra parte, a diferenza da maioría das outras propostas, VGLiDAR presenta unha estabilidade e un rendemento altos, pois logra unha interacción en tempo real manexando cerca de 103 millóns de puntos até 281 millóns, cun nivel de interacción aceptable.
Ademais, as súas ferramentas de medición xeoespacial constitúen unha das súas vantaxes principais respecto doutras propostas.
Aplicacións por sector
As operacións que se poden acometer con esta ferramenta pertencen ás máis usadas en gran cantidade de aplicacións no ámbito agroforestal, a arqueoloxía ou a enxeñaría naval.
Grupo de investigación
-
- Grupo de Arquitectura de Computadores
- (GAC)
-
- Laboratorio do Territorio
- (LaboraTe)
Responsable
- Margarita Amor López
- David Deibe Seoane
- Ramón Doallo Biempica
- David Miranda Barros
- Rafale Crecente Maseda
- Miguel Cordero Souto
Contacta con nós
-
-
Oficina de Transferencia de Resultados de Investigación
Edificio de Servizos Centrais de Investigación
Campus de Elviña, s/n
15071 A Coruña
-
Oficina de Transferencia de Resultados de Investigación
Última actualización
2021-12-13