Minaría de opinións en redes sociais


Software e métodos para a extracción automática de información relevante (por exemplo, opinións sobre produtos, servizos etc.) a partir de textos escritos polos usuarios en redes sociais.

Estado de protección da tecnoloxía

Rexistro de software: sistema de minaría de opinións en múltiples idiomas mediante análise sintáctica de dependencias. Solicitude C-197-2015, asento rexistral 03/2015/830. Titulares: Universidade da Coruña (David Vilares Calvo, Miguel A. Alonso Pardo e Carlos Gómez Rodríguez).

Que buscamos?

Búscanse empresas interesadas na licenza desta tecnoloxía.

Facultade de Filoloxía. CITIC

Descrición

Coa explosión da web 2.0 as redes sociais comezaron a ferver con todo tipo de opinións e experiencias dos usuarios acerca de produtos, servizos ou persoas. Este fenómeno espertou grande interese por parte das empresas, que ven esta inxente cantidade de información como un medio de coñecer, globalmente e de primeira man, o punto de vista dos consumidores. Desafortunadamente, realizar unha análise deste tipo de forma manual non é en absoluto viable, dada a magnitude do fluxo de datos que se debe manexar.

Neste contexto, as técnicas e ferramentas desenvolvidas no campo da chamada minaría de opinións, coñecida tamén como análise do sentimento, permiten abordar de forma eficaz e eficiente este tipo de tarefas, como determinar automaticamente se un texto contén ou non algún tipo de opinión, ou se a polaridade do sentimento alí reflectido é positiva, negativa ou mixta. Ademais, este tipo de sistemas pode adaptarse facilmente a outras tarefas de interese no ámbito da análise de textos, tales como o estudo de tendencias políticas e a detección automática de ciberacoso ou ameazas á seguridade (por exemplo, apoloxía do terrorismo).

Valores engadidos

A principal novidade do noso sistema céntrase na obtención da estrutura sintáctica das opinións para, posteriormente, integrar este tipo de información no proceso de análise. Isto permítenos manexar de forma automática fenómenos lingüísticos especialmente relevantes no ámbito deste tipo de tarefas, tales como a negación (por exemplo, «dá problemas» vs. «non dá problemas»), a intensificación (por exemplo, «fiable» vs. «moi fiable») ou as oracións subordinadas adversativas (por exemplo, «É caro pero é moi fiable e non dá problemas»), incluso figuras máis complexas como o oxímoro (por exemplo, «O seu protagonista é un delicioso vilán»). Grazas a isto puidemos mellorar notablemente o rendemento deste tipo de sistemas, ao identificar con precisión a influencia de expresións como as mencionadas no texto.


Aplicacións por sector

O sistema é transversal, pois pode aplicarse a textos provenientes de calquera ámbito. Por exemplo, serviría para obter a opinión dos usuarios sobre hoteis, produtos de consumo, programas de televisión, partidos políticos, individuos etc.

No caso do sector TIC, o noso software pode ser integrado doadamente noutros sistemas tanto para proporcionar funcionalidades adicionais como para preprocesar ou posprocesar información obtida doutros sistemas.


Acuicultura e pesca
Agricultura e silvicultura
Alimentación
Construción e enxeñaría civil
Cultura e educación
Economía e finanzas
Enerxía e desenvolvemento sostible
Gandaría e veterinaria
Medio ambiente
Produción industrial
Saúde e benestar
Sector naval
Servizos públicos
Tecnoloxías da auga
TIC

Grupo de investigación

    • Língua Sociedade da Información
    • (LYS)

Responsable

  • Jesús Vilares Ferro
  • Miguel A. Alonso Pardo
  • Yerai Doval Mosquera
  • Carlos Gómez Rodríguez
  • David Vilares Calvo

Contacta con nós

Última actualización

2019-07-16