Etiquetado/Codificación de textos en XML e HTML


Etiquetado de textos para a súa conservación e manipulación en formato electrónico.

Estado de protección da tecnoloxía

Este servizo non é protexible.

Que buscamos?

Institucións, empresas ou investigadores individuais interesados neste servizo.

Facultade de Filoloxía

Descrición

Edición de textos de todo tipo en XML/HTML seguindo as convencións TEI (Text Encoding Initiative) para o seu uso como fonte de información electrónica.

Toda a documentación e materiais revisados ou traducidos serán tratados con toda a confidencialidade esperable nestes casos.

Valores engadidos

Os investigadores implicados neste servizo son lingüistas cualificados e expertos en recompilación e etiquetado de textos en XML e HTML. Esta experiencia é o resultado do seu traballo como recompiladores e editores de corpus electrónicos de textos científicos ingleses. Do mesmo xeito, contan con experiencia na creación e o manexo de metadatos e en creación e edición de contido web.

Aplicacións por sector

Unha das aplicacións desta tecnoloxía é facilitar o estudo contrastivo e a análise de textos, permitindo a incorporación (e recuperación) de metadatos con información adicional sobre os textos. Ademais, este servizo pode ser útil para a catalogación e localización de documentación de todo tipo, incluíndo a de carácter empresarial. Do mesmo xeito, pódese aplicar á publicación dos textos en formato dixital (tamén HTML).

En realidade a tecnoloxía XML pódese aplicar a calquera ámbito.


Cultura e educación
TIC

Grupo de investigación

    • Research Group for Multidimensional Corpus-Based Studies in English
    • (MUSTE)

Responsable

  • Isabel Moskowich
  • Inés Lareo
  • Anabella Barsaglini Castro
  • Luis Puente Castelo
  • Leidamaria Monaco

Contacta con nós

Última actualización

2019-06-19