J2J – Herramienta para a axuda á conversión de código en linguaxe de scripting JCL a linguaxe JSON, optimizado en tempo de compilación
O software J2J é unha ferramenta de axuda ao análise e conversión de código fonte escrito na linguaxe de scripting JCL á sintaxe do formato JSON, incluíndo unha fase de optimización en tempo de compilación.
Estado de protección da tecnoloxía
Software rexistrado (C-289-2018), número de asento rexistral (03/2018/1402). Data de concesión: 31/10/2018.
Descrición
O resultado da execución de J2J xerará unha saída en formato estándar JSON. A utilización do formato JSON permite a explotación posterior dos resultados, facilitando o seu procesamento e conversión a un formato “Unix Shell Script” como GNU/BASH, utilizado polos sistemas operativos GNU/Linux.
Está realizado integramente con software libre na linguaxe de programación C e empregando as ferramentas de xeración de analizadores léxicos Flex e de analizadores sintácticos Bison.
Valores engadidos
Axuda ao análise e conversión de código fonte escrito na linguaxe de scripting JCL á sintaxe do formato JSON, incluíndo unha fase de optimización en tempo de compilación (detección de uso de variables, redución de expresións comúns entre bloques, identificación de código morto, etc.).
O resultado da execución de J2J xerará unha saída en formato estándar JSON. A utilización do formato JSON permite a explotación posterior dos resultados, facilitando o seu procesamento e conversión a un formato “Unix Shell Script” como GNU/BASH, utilizado polos sistemas operativos GNU/Linux.
Aplicacións por sector
Trátase dunha tecnoloxía aplicable en calquera ámbito no que se precise a tradución automática de código fonte en linguaxe JCL, xerando como linguaxe de saída o formato JSON. Destacar que está en explotación nunha empresa do sector financeiro.
Grupo de investigación
-
- Laboratorio Interdisciplinar de Aplicacions da Intelixencia Artificial
- (LIA2)
-
- Telemática
-
- computación
-
- Ciencias de laCiencias da Navegación e Enxeñaría Mariña Navegación y Ingeniería Marina
Responsable
- José Carlos Dafonte Vázquez
- Víctor Manuel Carneiro Díaz
- Ángel Gómez García
- Francisco Javier Nóvoa Manuel
- María Martínez Pérez
- Diego Fernández Iglesias
- Minia Manteiga Outeiro
- Raúl Santoveña Gómez
- Diego Trabazo Sardón
Contacta con nós
-
-
Oficina de Transferencia de Resultados de Investigación
Edificio de Servizos Centrais de Investigación
Campus de Elviña, s/n
15071 A Coruña
-
Oficina de Transferencia de Resultados de Investigación
Última actualización
2020-04-01