Programa para avaliar o compromiso motivacional nos deberes escolares.
Ferramenta que avalía o grao de compromiso motivacional dos estudantes á hora de levar a cabo os deberes escolares.
Estado de protección da tecnoloxía
Rexistrouse como programa de ordenador a través da UDC.
Que buscamos?
Búscanse empresas ou entidades interesadas.
Facultade de Ciencias da Educación
Descrición
O programa consta de 14 reactivos agrupados en tres dimensións: motivación intrínseca cara aos deberes escolares; interese polos deberes escolares e, por último, actitude positiva cara aos deberes escolares, cuxo obxectivo é avaliar o compromiso motivacional do estudantado no referido aos deberes escolares. Pode aplicarse de modo individual ou colectivo desde 5º de educación primaria até 4º de educación secundaria obrigatoria (ESO).
Valores engadidos
É un programa que permite unha valoración rápida e efectiva do grao de compromiso motivacional que teñen os estudantes ante os deberes escolares que prescriben os seus profesores. A súa principal vantaxe é que achega información directa sobre as razóns polas que os estudantes non realizan as tarefas que se lles indican para a casa ou só se comprometen con estas de modo superficial.
Aplicacións por sector
O programa ten unha potencial aplicación no ámbito da educación, nunha problemática que ten xerado numerosos debates e controversias nos diferentes sectores educativos, como é a dos deberes escolares. A información que fornece permite mellorar a motivación cara aos deberes escolares en caso necesario.
Grupo de investigación
-
- Grupo de Investigación en PsicoloXía Educativa
- (GIPED)
Responsable
- Antonio Valle Arias
- Susana Rodríguez Martínez
- Isabel Piñeiro Aguín
- Bibiana Regueiro Fernández
- Iris Estévez Blanco
- Tania Vieites Lestón
- Carolina Rodríguez Llorente
Contacta con nós
-
-
Oficina de Transferencia de Resultados de Investigación
Edificio de Servizos Centrais de Investigación
Campus de Elviña, s/n
15071 A Coruña
-
Oficina de Transferencia de Resultados de Investigación
Última actualización
2020-01-08