Programa para avaliar estratexias cognitivas de aprendizaxe e estudo (PEvECAE).
Ferramenta que avalía as estratexias cognitivas que usan os estudantes cando se enfrontan ás súas actividades de estudo.
Estado de protección da tecnoloxía
Rexistrouse como programa de ordenador a través da UDC.
Que buscamos?
Búscanse empresas ou entidades interesadas.
Facultade de Ciencias da Educación
Descrición
É un programa de 22 reactivos, agrupados en catro dimensións, que permite establecer a calidade do proceso cognitivo de aprendizaxe diferenciando entre estudantes que empregan estratexias de estudo máis superficiais (coas dimensións estratexias de memorización, que mide o grao en que utilizan diversos procedementos para reter mellor a información; e estratexias de selección, que mide o grao en que son capaces de separar a información máis relevante co fin de facilitar o seu procesamento) e estratexias máis profundas e significativas (coas dimensións estratexias de organización, que mide o grao en que estruturan os contidos informativos establecendo conexións internas entre eles; e estratexias de elaboración, que mide o grao en que fan conexións entre a nova información organizada e o coñecemento previo existente).
Valores engadidos
Con este programa pode obterse unha valoración efectiva das principais estratexias que usan os estudantes para comprender e lembrar os contidos que están a estudar, e, con iso, determinar en que medida o individuo alcanzará unha aprendizaxe mecánica ou significativa. Coñecer as estratexias que empregan en situacións de estudo permitirá aos docentes establecer os potenciais e as limitacións do seu alumnado, así como deseñar intervencións rápidas e eficaces para mellorar os seus procesos de aprendizaxe.
Aplicacións por sector
O programa ten unha potencial aplicación no ámbito da educación, especialmente naqueles contextos en que os estudantes se enfrontan ás súas actividades de estudo co propósito de lograr unha aprendizaxe de calidade.
Grupo de investigación
-
- Grupo de Investigación en Psicoloxía Educativa
- (GIPED)
Responsable
- Antonio Valle Arias
- Susana Rodríguez Martínez
- Isabel Piñeiro Aguín
- Bibiana Regueiro Fernández
Contacta con nós
-
-
Oficina de Transferencia de Resultados de Investigación
Edificio de Servizos Centrais de Investigación
Campus de Elviña, s/n
15071 A Coruña
-
Oficina de Transferencia de Resultados de Investigación
Última actualización
2020-01-08