Revisión/Tradución de textos científicos e técnicos


Revisión estilística de textos técnicos empregando como linguas de partida o galego ou o castelán.

Tradución directa ou inversa (castelán, galego, inglés)

Estado de protección da tecnoloxía

Este servizo non é protexible.

Que buscamos?

Institucións, entidades privadas, grupos de investigación ou investigadores individuais interesados neste servizo.

Facultade de Filoloxía

Descrición

Revisión estilística de textos científicos e técnicos en inglés, castelán ou galego para a súa publicación en revistas especializadas.

Tradución de traballos escritos para a súa posterior publicación. Ofrécese tradución directa e inversa das tres linguas (castelán, galego e inglés).

Revisión, tradución, adaptación e corrección de abstracts, nas tres linguas (castelán-galego-inglés).

A documentación e materiais revisados ou traducidos serán tratados con toda a confidencialidade esperable nestes casos.

Valores engadidos

Os investigadores implicados neste servizo son lingüistas cualificados expertos en rexistro técnico e científico. Trátase dunha especialización adquirida como consecuencia da súa investigación e traballo recompilando corpus de textos científicos en inglés publicados desde o século XVIII e da tradución de numerosos traballos no ámbito universitario.

Ademais, son profesionais que publicaron tamén en revistas especializadas de carácter internacional e de alto impacto (JCR), polo que coñecen o mundo editorial.

Aplicacións por sector

Tratarase cada traballo de forma individualizada dependendo do ámbito do saber no que se encadre. Ofrécese ademais a posibilidade de adaptar os textos ás necesidades formais de cada revista ou editorial á que se dirixa.

Este servizo pode aplicarse a calquera ámbito do saber


Cultura e educación

Grupo de investigación

    • Research Group for Multidimensional Corpus-Based Studies in English
    • (MUSTE)

Responsable

  • Begoña Crespo
  • Luis Puente Castelo
  • Anabella Barsaglini Castro
  • Leidamaria Monaco

Contacta con nós

Última actualización

2019-06-20