Programa para avaliar o afrontamento do fracaso académico (PEvAFA).


Ferramenta que avalía as tendencias explicativas ante o fracaso e as estratexias para o seu afrontamento que utilizan os estudantes no ámbito académico.

Estado de protección da tecnoloxía

Búscanse empresas ou entidades interesadas.

Que buscamos?

Se buscan empresas o entidades interesadas.

Facultade de Ciencias da Educación

Descrición

É un programa de 32 reactivos, agrupados en oito dimensións, que nos permiten diferenciar formas eficaces de afrontar o fracaso (atribuílo a causas que o alumnado pode controlar ou usar o pesimismo de forma estratéxica etc.) e formas pouco eficaces de facelo (atribuílo a causas que non se poden controlar ou á falta de capacidade, poñer escusas etc.). Así mesmo, posibilítannos detectar formas de afrontamento desadaptativas en termos de altas taxas de ansiedade (por exemplo, empregar o pesimismo de maneira defensiva) ou asociadas ao risco de abandono (por exemplo, autoafirmarse fronte ao fracaso ou poñerse trabas a si mesmo/a).

Valores engadidos

A finalidade deste programa é facer unha valoración rápida e efectiva das explicacións dos estudantes ante situacións de fracaso académico, así como do tipo de estratexias que poñen en funcionamento ao afrontar ese fracaso. Detectar formas de afrontamento do fracaso pouco eficaces ou pouco adaptativas permitirá realizar intervencións rápidas e axustadas para modificar as tendencias atribucionais e xestionar a ansiedade ou os comportamentos de risco.

Aplicacións por sector

O programa ten un potencial de aplicación inmediata no ámbito da educación. De igual maneira, pode empregarse noutros contextos de logro, en especial en sectores e contextos en que os individuos deben abordar situacións de fracaso.


Cultura e educación

Grupo de investigación

    • Grupo de Investigación en Psicoloxía Educativa
    • (GIPED)

Responsable

  • Antonio Valle Arias
  • Susana Rodríguez Martínez
  • Isabel Piñeiro Aguín
  • Bibiana Regueiro Fernández
  • Iris Estévez Blanco

Contacta con nós

Última actualización

2020-01-08