Buscador de tecnoloxías

Desde o entendemento do proxecto do deseño integral e inclusivo, centrado en todas as persoas, e desde unha actitude de respecto medioambiental, formúlase a realización de proxectos en todas as escalas posibles (vivenda, edificio, espazo urbano e rural, e paisaxe). A atención céntrase en procesos de abaixo a arriba dentro do campo da arquitectura, nas súas diferentes escalas...

Software para a monitorización e o perfilado en tempo real de aplicacións que traballan con macrodatos (big data).

Áreas de coñecemento:

O Laboratorio de Radioactividade Ambiental da UDC posúe o equipamento e o coñecemento das técnicas necesarias para determinar os parámetros radioactivos que establece o Real decreto 314/2016. Desta maneira, cóbrense as necesidades derivadas deste tipo de determinacións.

A tecnoloxía permite o curado óptimo por medio do efecto Joule, cun control integral da temperatura, de pezas de compósito (resina sintética). É unha alternativa moito máis eficiente desde o punto de vista enerxético que calquera sistema de quentamento externo.

Software intermedio que actúa como servidor DICOM e escoita os pedimentos de impresión dun servidor PACS, unha modalidade ou unha estación de traballo, para reenvialos a una impresora convencional. .

A nosa invención é un dispositivo de autotensado automático para forxados e vigas formado por un sistema de bielas articuladas. O devandito sistema aplica unha compresión excéntrica de magnitude variable, en función da carga, nos extremos da peza. Esta carga excéntrica mellora o comportamento do elemento estrutural desde o punto de vista tanto da resistencia como das deformacións.


Algúns sectores de aplicación:

Áreas de coñecemento:

Trátase dunha estrutura de cuberta con cerramento téxtil ou ríxido que pode repregarse ou estenderse rapidamente. Resulta adecuada para a cobertura de piscinas, pistas de pádel, parques infantís ou espazos para eventos, e en xeral para calquera outro espazo que necesite ser cuberto ou descuberto.

Áreas de coñecemento:

Sistema estrutural despregable conformado por un conxunto de barras articuladas e nós que permiten estealo sen a intervención de elementos auxiliares, e que o dotan asemade da necesaria estabilidade.


Algúns sectores de aplicación:

Áreas de coñecemento: